Quen pode ser SOCIO/A FAMILIAR?
Calquera familia
- achegando (imprescindiblemente) un informe xustificativo dun ente acreditado que confirme a condición de ALTAS CAPACIDADES do/a seu/súa fillo/a.
- cunha (imprescindible) aportación/cota económica fixa de 20€/trimestre *
* ver BENEFICIOS
Quen pode ser SOCIO/A INDIVIDUAL?
Calquera persoa física
- achegando (imprescindiblemente) un informe xustificativo dun ente acreditado que confirme a condición de ALTAS CAPACIDADES do/a seu/súa fillo/a.
- cunha (imprescindible) aportación/cota económica fixa de 20€/trimestre *
* ver BENEFICIOS
---
Dende os 14 aos 35 anos (ambos incluidos) o/a socio/a individual terá a categoría de SOCIO/A INDIVIDUAL XOVE.
Dende os 14 aos 17 anos (ambos incluidos) os/as SOCIOS/AS INDIVIDUAIS XOVES necesitarán de xeito obrigatorio* unha autorización e consentimento da persoa titora legal.
* art. 3 da Lei Orgánica 1/2002
Quen pode ser SOCIO/A COLABORADOR/A?
Calquera persoa física ou xurídica por interés persoal formativo-profesional, por inquietudes altruistas-filantrópicas e/ou por afinidade aos obxectivos da asociación,
- cunha (imprescindible) aportación/cota económica podendo elexir libremente * a cuantía e a periodicidade da súa aportación/cota económica.
* ver BENEFICIOS según cuantía e periodicidade.
Cales son as COTAS/APORTACIÓNS?
- Socio/a Familiar · 20€/trimestre *
- Socio/a Individual · 20€/trimestre *
- Socio/a Colaborador/a · A elexir cuantía e periodicidade *
* ver BENEFICIOS
BENEFICIOS de ser SOCIO/A
TODOS/AS os socios/as:
- Participar activamente con voz e voto nas Asambleas Xerais e demáis órganos de decisión e consultivos da Asociación.
- Contribuir ao desenvolvemento e organización das diferentes actividades da Asociación.
- Axudar e desfrutar coas súas aportacións e valía humana e profesional a mellora da Asociación.
- Beneficiarse da preferencia na inscripción en todas as actividades formativas e divulgativas.
Socios/as FAMILIARES e INDIVIDUAIS
- Beneficiarse gratuitamente en case todas as actividades formativas e divulgativas internas e en aberto que se organicen.
Socios/as COLABORADORES
- Cunha cota/aportación mínima de 20€/trimestre beneficiarse gratuitamente en case todas as actividades formativas e divulgativas en aberto que se organicen.
Que DIFERENCIA hai entre actividades ABERTAS e actividades INTERNAS?
As actividades INTERNAS son actividades de formación e divulgación EXCLUSIVAMENTE para os/as socios/as FAMILIARES e INDIVIDUAIS (con valoración explícita con ALTAS CAPACIDADES) para traballar as súas necesidades específicas e realidades asociadas.
As actividades ABERTAS son actividades de formación e divulgación (ademais de para todos/as os/as socios/as) para calquera profesional da educación e/ou persoas-familias interesadas.
CÓMO me ASOCIO?
1.- A persoa interesada realizará a PRE-INSCRIPCIÓN (online) neste ENLACE.
2.- Dende a Asociación, por email, confirmaráselle que toda a documentación e datos están correctos e enviaránselle as instrucións e nº de conta para facer o ingreso (1ª cota) e o documento de autorización para a domiciliación bancaria (2ª cota e seguintes).
3.- A persoa interesada, por email, enviará o xustificante bancario do ingreso realizado (1ª cota) e o documento cuberto e asinado para a domiciliación bancaria (2ª cota e seguintes).
4.- Dende a Asociación, por email, confirmaráselle que todo está correcto e enviaránselle o seu CARNET DIXITAL de SOCIO/A co seu Nº de SOCIO/A
AVISOS legais sobre a INSCRICIÓN
🔐Info LOPD
⚖️Info RRI
🔍 Info Autorizacións (Inscrición SOCIO/A)
🔍 Info Autorizacións (Inscrición ACTIVIDADES PUNTUAIS)
--
🛡️ Garantimos a máxima confidencialidade e seguridade no tratamento dos datos e información recibidos.
🔒 Garantimos a non cesión a ningún ente, empresa ou institución de ningunha información dos datos recibidos.
❌ Garantimos a inmediata eliminación e borrado de calquera tipo de documento ou informe de valoración ou con datos persoais sensibles e/ou confidenciais unha vez rematado o proceso de alta como asociado/a.