Somos unha asociación sen ánimo de lucro de familias que teñen fillos/as con  ALTAS CAPACIDADES e outras neurodiverxencias asociadas.

--

Pretendemos dar visibilidade ás ALTAS CAPACIDADES  ofertando formación actualizada e cualificada, e tecendo unha rede de acompañamento entre familias e profesionais educativos interesados neste ámbito a través de ACTIVIDADES, XORNADAS, FORMACIÓNS, OBRADOIROS, FALADOIROS...

--

Queremos impulsar, promover e fomentar a axeitada divulgación, o coñecemento e a formación arredor das altas capacidades e as neurodiverxencias asociadas.